LILAINA - MANEO, MUIÑEIRA DE ABELENDAS

Biografía del artista:

Lilaina é un grupo de pandereteiras pertencentes á Asociación Cultural O’Castro, na localidade de Miño, en A Coruña. As súas compoñentes comezan a andaina no mundo tradicional a comezos dos anos 90, pertencendo aos diferentes grupos artísticos da asociación (pandeireta, baile tradicional, percusión tradicional e rondalla). O grupo Lilaina como tal nace no ano 2005 e dende entón traballa a prol do folclore galego, baixo a dirección de Fransy González, que xa era a súa mestra desde o ano 2001. A pesares de ser un grupo relativamente novo, xa ten no seu haber moitas actuacións en solitario, así como acompañando aos demais grupos tradicionais O’Castro nos intercambios culturais e nas diversas actuacións levadas a cabo pola comunidade e resto da península. No ano 2005, Lilaina comeza a presentarse a concursos de pandeireta e voz organizados por diferentes asociacións culturais, acadando diversos premios. No ano 2007, gravan o traballo discográfico Fontefría, xunto co grupo de gaitas da asociación á cal pertencen. A partires de 2009, levan a cabo un traballo de investigación folclórica por toda a comunidade galega, co obxecto de recoller distintos bailes, músicas e vestiario. Desde o ano 2013, as catro integrantes de Lilaina son membros da Xunta Directiva da A.C. O ́Castro de Miño. Dende o ano 2014, Lilaina participa en diversos proxectos do panorama musical, destacando as súas colaboracións co gaiteiro Carlos Núñez en varias ocasións, a súa participación na película La Jota de Carlos Saura, no disco Bipolar do acordeonista Andrés Penabad e en Cantos de poeta, da formación Gelria. Así mesmo, colaboran en varios concertos coa Orquestra de Jazz de Galicia, baixo a dirección de Roberto Somoza e Pedro Lamas, interpretando temas do traballo discográfico Fame. En outubro de 2016, comezan as súas colaboracións con Kepa Junkera, destacando a gala inaugural do WOMEX, en Santiago de Compostela. En setembro de 2016, colaboran co músico coruñés Jesús Suárez na gravación do himno non oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 1906, a forza de Hércules. En xullo de 2017, realizan unha pequena colaboración no segundo EP do dúo Vudú – Eu son VooDoo Vol. II-, que fusiona música folk e soul, e en Under Surface, do grupo Bengalah, un proxecto que suma ambient, jazz contemporáneo e música de raíz. Desde abril de 2017 forman parte da obra teatral Castrapo, da compañía Os Náufragos Teatro, dirixida por Gustavo del Río, onde son responsables da ambientación musical e das paisaxes sonoras. Entre os traballos máis actuáis atópase: – Colaboración no último traballo de Baiuca “Embruxo”. – Espectáculo “Jazzliza: As nosas voces de sempre nas nosas voces de hoxe. De Afonso X a Xela Arias.”, dirixido por Alberto Conde coa Big Band do Conservatorio Superior de Música de A Coruña.

Instagram:

@pandereteiraslilaina 

Créditos:

Productora: DAGGA

Realización: FACTORÍA NINI

Sonido: DAVID FIDALGO (FIDY)

Fotografía: ADRIÁN FARALDO

Agradecimientos:

A Fidy y a Daisy por todo, una vez más.

A Pablito y Dani por portarse tan bien mientras grabamos.

A nuestras familias y amigos que nos apoyan día a día en todas nuestras aventuras.

A todos los que apostáis por la cultura.